O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano 2007 o CEIDA conmemorou dita data o domingo 10 de xuño cunha xornada de portas abertas. Da Aula do Mar de Mera (Oleiros) e durante todo o día partiron roteiros guiados polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. Mais de 50 persoas participaron na actividade. A maioría dos asistentes foron familias veciñas de Oleiros, seguidas en número por cidadáns da Coruña, e algúns turistas madrileños e canadianos. Os participantes gozaron dos roteiros guiados polos educadores ambientais do CEIDA que partiron dende Canabal e remataron no Porto de Dexo. A climatoloxía acompañou durante todo o día, agás a última hora da tarde. Podes descargar este documento coas fotos da celebración