Coidando o Noso Mar | CEIDA

Coidando o Noso Mar

Datas
De xaneiro a xuño de 2012

Destinatarios
Dirixido ao alumnado de 3º ciclo de primaria, secundaria e bacharelato da bisbarra da Coruña.

Obxectivo xeral
Potenciar o coñecemento do litoral e a súa conservación, resaltando a importancia do medio mariño non só como fonte de recursos senón tamén como parte da nosa cultura.

Actividades

  • Exposición "Coidando o Noso Mar"
    Esta mostra consta de 5 paneis e permanecerá exposta durante unha semana en cada centro educativo participante.
  • Charla divulgativa
    O equipo de Educación Ambiental do CEIDA trasladarase a cada centro para dar unha charla divulgativa sobre a problemática ambiental dos océanos, particularmente da producida polos residuos das actividades humanas, e as boas prácticas que todos somos susceptibles de incorporar na nosa vida diaria.
  • Saída guiada a praia
    Estas saídas están orientadas a fomentar a adquisición de coñecementos sobre o litoral e a súa biodiversidade, a súa relevancia e o seu potencial aproveitamento tanto económico como cultural. Tamén terá un obxectivo de concienciación e descubrimento de como as nosas actividades diarias causan desequilibrios nestes ecosistemas e cales poden ser as solucións e aptitudes responsables. Nesta parte da actividade farase fincapé na problemática dos residuos e da necesidade dunha participación activa na separación dos mesmos no fogar para a súa posterior reciclaxe, evitando así a súa presenza no mar e nas praias.
  • O programa é totalmente gratuíto, incluíndo o traslado da exposición e o transporte para a saída. Programa financiado por Carrefour.

    O número máximo de participantes por centro será de 50 escolares.

    Solicitude
    Se queres participar, deberás enviar os teus datos a través do seguinte Formulario

    Máis información:educacion@ceida.org - Tlf: 981 630 618

    ----------------

    Materiais do programa

  • Cartel A3
  • Pegatina
  • Paneis da exposición