Congreso de Educación Ambiental "Defendamos o noso patrimonio" | CEIDA

Congreso de Educación Ambiental "Defendamos o noso patrimonio"

Os lumes, a contaminación dos ríos, ou a destrucción da nosa beiramar son algúns dos exemplos das fortes ameazas que está a sufrir o patrimonio natural galego. En paralelo, estase a consolidad unha conciencia crítica entre a cidadanía no referente á necesidade da conservación dese patrimonio ameazado. A consolidación dunha nova cultura ambiental e a súa difusión son tarefas que deben cumprir os centros escolares.