Congreso Escolar | CEIDA

Congreso Escolar

A actual sociedade esixe unhas boas bases de conciencia ambiental crítica e respectuosa co medio natural, disposta a darlle voz a todas as agresións que sofre o patrimonio natural galego. O CEIDA leva dous anos académicos traballando cos centros educativos da provincia da Coruña para que sexan estes quen asuman a responsabilidade de formar aos piares das sociedades futuras, os nenos e nenas de hoxe en día.

O equipo de educación ambiental do CEIDA é o encargado de coordinar aos centros educativos, dándolle un asesoramento do proxecto de conservación do medio que desenvolven durante o curso académico para expoñelo nun congreso onde se reúnen todos os participantes. Desta forma, o obxectivo do encontro é promover entre os escolares o desenvolvemento de experiencias de conservación e divulgación do patrimonio e para poñer en contacto ás diferentes comunidades formativas dándolle a voz ao alumnado a través da divulgación do seu traballo.