O 10 de maio do 2007 tivo lugar o I Congreso de Educación Ambiental dos Centros Educativos da Coruña co lema “Defendamos o noso patrimonio natural”, onde máis de catrocentos alumnos de oito centros de ensino da provincia se reuniron no auditorio de Mera (Oleiros) e expuxeron os traballos que, coordinados polos seus respectivos profesores, realizaron durante todo o curso académico.
Este congreso organizouno o CEIDA gracias ao patrocinio da Deputación da Coruña e á colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, o Concello de Oleiros e os supermercados Haley.
Os centros educativos que participaron no 2007 neste programa foron: