Espazo para o Cambio. Semana da Ciencia 2010 | CEIDA

Espazo para o Cambio. Semana da Ciencia 2010

Datas
Semana da Ciencia 2010, do 8 ao 21 de novembro de 2010

Patrocina
Semana da Ciencia, Xunta de Galicia, Xacobeo, Ministerio de Ciencia e Innovación, FECYT.

Destinatarios
Educación Primaria e Secundaria. Bacharelato e Ciclos Formativos. Público en xeral

Introdución
O cambio climático é hoxe o maior reto ao que se enfronta a sociedade. Os escenarios científicos de previsión dos seus efectos están confirmando a máis dura realidade, especialmente para aquelas zonas que se consideran sensibles, como España.
O último informe IPCC confirma a orixe antropoxénica do cambio climático e a necesidade de actuar con urxencia, dende unha maior consciencia da cidadanía desta problemática.
Nesta liña se presenta o proxecto ESPAZO PARA O CAMBIO.

Obxectivos

  • Fomentar redes entre grupos empresariais, cidadáns e as institucións con competencias en divulgación científica, que fornezan unha maior presenza das actividades de ciencia na vida diaria dos cidadáns e cidadás.
  • Desenvolver actividades de divulgación e comunicación científica en novos contextos, coa implicación de sectores sociais diversos, e dun xeito ameno e lúdico que axude a que os cidadáns e cidadás se familiaricen con elas.
  • Achegar a problemática do cambio climático ao maior número posible de cidadáns, así como a colectivos galegos a través de estratexias, contidos e soportes asequibles e novidosos, fomentando a corresponsabilidade na adopción individual de pautas de consumo sostibles.
  • Impulsar a reflexión e o debate sobre a problemática do cambio climático, así como fomentar a comunicación, a participación e a cultura científica na sociedade procurando un cambio de actitudes e valores acordes cunha ética ecolóxica necesaria para un novo modelo de desenvolvemento equitativo, xusto e sostible.
  • Actividades

  • Actividades guiadas e experimentais ligadas á exposición cientítica sobre Cambio Climatico
  • Cine documental
  • Obradoiro de causas, efectos e posibles solucións ao Cambio Climático
  • Teatro científico
  • Itinerario polo edificio para descubrir as medidas adoptadas na eficiencia e aforro da enerxía
  • Lugar
    No Centro Comercial e de Ocio Espacio Coruña, cunha clasificación enerxética de referencia a nivel europeo e certificación BREEAM de sostibilidade medioambiental.

    Máis información