Do 20 de xaneiro ao 7 de febreiro
Coñécese como diversidade biolóxica o conxunto de seres vivos da Terra e os patróns naturais que os conforman. A biodiversidade de hoxe en día é froito de milleiros de anos de evolución da vida, que se foi adaptando aos procesos naturais. Hoxe en día estímase que existen máis de 13 millóns de especies na Terra, das cales só coñecemos algo máis dun millón e medio. Ademais os distintos organismos interactúan entre si e co seu medio físico a través dunha complexa rede de relacións.
A diversidade biolóxica de Galicia na actualidade é consecuencia da interacción de varios factores: a situación xeográfica, o clima, os materiais xeolóxicos, a rede hidrográfica, as diferentes paisaxes, etc, aos que se foron adaptando os seres vivos ao longo de millóns de anos.
Con estas actividades preténdese:
Actividades a desenvolver