Do 5 de abril ao 31 de maio de 2010
O litoral é o espacio onde se mesturan océanos e continentes, os dous grandes sistemas da biosfera. Lugares como enseadas, esteiros, marismas, lagoas costeiras, dunas e areais, illas, acantilados, son exemplos de ecosistemas que albergan unha gran diversidade biolóxica cunha fauna e flora características, como a gaivota patiamarela, o corvo mariño cristado, a píllara das dunas, o golfiño común, de especies endémicas como a herba de namorar, ou a Angelica pachycarpa.
O medio mariño é un sistema moi dinámico, con mareas, ondas, e correntes influenciadas por fenómenos atmosféricos e astronómicos, que fan que o mar sexa unha fonte de recursos para moitos animais, vexetais, e por suposto para nós.
Esto, xunto coas propiedades físico-químicas do mar, fai que a riqueza mariña das augas da nosa costa sexa unha das maiores da Unión Europea.
O litoral, polo tanto, representa unha enorme fonte de produtividade e posúe unha alta capacidade de rexeneración que está en equilibrio co medio. Se este equilibrio se perturba, cambia ou desaparece, o ecosistema experimentará grandes transformacións, podendo chegar a extinguirse.
Con estas actividades preténdese:
Actividades a desenvolver