Do 18 de febreiro ao 4 de abril
Os ríos son correntes permanentes de auga que discorren por un leito fixo, formando redes cos seus afluentes. Os ríos verten as súas augas ao mar e algúns desembocan en lagos, completando o ciclo da auga da biosfera. Un dos elementos fundamentais da paisaxe galega é a existencia dunha ampla e densa rede fluvial, formada por miles de ríos e regueiros que recollen as augas das abundantes choivas e das fontes.
Neles conflúen especies acuáticas, anfibias e terrestres, ligadas de algún xeito á vida na auga, e outras en cambio, visítano ocasionalmente en busca de auga ou protección.
Estes ríos e regatos, ademais de cursos de auga e poderosos axentes xeolóxicos, son tamén un conxunto de ecosistemas de gran riqueza e complexidade que presentan unha notoria fraxilidade e teñen unha decisiva importancia para a conservación da biodiversidade.
Con estas actividades preténdese:
Actividades a desenvolver