II Congreso Escolar | CEIDA

II Congreso Escolar

A Casa da Cultura Pintor Lloréns, situada no concello coruñés de Sada, acolleu o II Congreso Escolar de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña, “Espazos para conservar. Defendamos o noso patrimonio natural”, que se celebrou o pasado 29 de maio. Máis de 250 rapaces de catorce centros da provincia expuxeron os proxectos de conservación que levaron a cabo durante o curso académico co asesoramento dos educadores ambientais do CEIDA. No encontro participaron os seguintes centros:

  • CPI do Dices (Rois): Co proxecto Investigación e catalogación das árbores e arbustos singulares do Concello de Rois
  • CEIP de Carnota (Carnota): Mergullándonos nos Miñarzos
  • CPI Monte Caxado (As Pontes): Aula de medio ambiente
  • CEIP Pedro Barrié de la Maza (Sada): As telleiras de Sada
  • IES Isaac Díaz Pardo (Sada): Un tesouro Descoñecido: As Brañas de Sada
  • Santa Xoana de Lestonac (Ferrol): Información = Concienciación
  • Colexio Peñarredonda (A Coruña): Aproximación á natureza galega
  • IES Miraflores (Oleiros): As Fragas de Eume a través do goce estético
  • IES Xosé Neira Vilas (Oleiros): Recollida, tratamento e uso dos residuos extraidos da Ría do Burgo
  • IES de Pastoriza (Arteixo): Proxecto Planeta terra: a biodiversidade en Galicia e Arteixo: auga, terra e aire
  • IES Maximino Romero de Lema (Baio-Zas): Desde Traba a Camelle: entre o mar e a terra
  • IES Agra de Leborís (Laracha): Camiñando pola Costa da Morte: de Baldaio a Cabo Vilán
  • IES Agra de Raíces (Cee): Coñece o teu patrimonio

Máis información: podes descargar máis información sobre o programa aquí.