Dentro das necesidades da sociedade actual, o respecto e a conservación do patrimonio segue a ser unha asignatura pendente. Dende o CEIDA, o equipo de educación ambiental leva tres cursos organizando o Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino de A Coruña baixo o lema Espazos para conservar. Defendamos o noso patrimonio natural.
As voces das comunidades educativas, identificadas no alumnado como actores transmisores, seguen a ser a mellor referencia dos movementos que se están a desenvolver para a difusión desa conciencia ambiental, que nace no xerme dos protagonistas das sociedades futuras.
Con este III Congreso de Educación Ambiental preténdese consolidar vías de comunicación e de colaboración cos centros de ensino, a través dun espazo de participación e debate.
Esta terceira edición celebrarase o vindeiro 28 de maio de 2009 no Paraninfo da Universidade da Coruña (Avenida da Maestranza, 9. A Coruña).
Os cinco centros de ensino seleccionados para participar nesta convocatoria e os seus proxectos son os seguintes:
Programa provisional III Congreso escolar
Edicións anteriores do Congreso escolar: