Datas
Durante todo o ano
Destinatarios
Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato
Formulario
Se queres participar debes cubrir o formulario de solicitude
Introdución
A Illa de Santa Cruz conta cun rico patrimonio natural e cultural froito principalmente da súa localización, un illote no interior da ría da Coruña. No seu contorno atópase un ecosistema de enorme riqueza propio das zonas litorais, que xunto coa situación estratéxica constitúe un espazo único que permite traballar coa comunidade escolar temáticas relacionadas coa biodiversidade da costa galega ou os impactos ambientais que actualmente esta a sufrir, entre outros moitos temas.
Este rico patrimonio natural combínase coa peculiar historia do Castelo de Santa Cruz, que a longo de catro séculos, foi e é un baluarte de “defensa”: defensa da cidade da Coruña dos ataques navais dos corsarios ingleses; defensa da cultura a través da escritora Emilia Pardo Bazán, propietaria da illa; ou defensa do medio ambiente como centro de Educación Ambiental (CEIDA).
Actividades
Custe da actividade
1€ / participante
Número máximo de participantes
50
Duración da actividade
de 1.30 a 2.30 horas
O desenvolvemento e a duración das actividades dependerá da climatoloxía, das mareas, do nº de participantes e da dispoñibilidade de tempo do grupo.