A illa de Santa Cruz, un rico patrimonio natural e histórico | CEIDA

A illa de Santa Cruz, un rico patrimonio natural e histórico

Datas
De xaneiro a xuño 2010

Destinatarios
Centros de Primaria, Secundaria e Bacharelato de toda Galicia

Formulario
Se queres participar debes cubrir o formulario de solicitude

Número máximo de participantes
50 rapaces

Duración da visita
De 1:30 a 2.30 horas

Custe da actividade
1€ por participante

As actividades a realizar dependerán da climatoloxía, das mareas, do nº de participantes e da dispoñibilidade de tempo do grupo. Os contidos adaptaranse as idades dos participantes.

A Illa de Santa Cruz conta cun rico patrimonio natural e cultural froito principalmente da súa localización, un illote no interior da ría da Coruña.
No contorno da Illa atópase un ecosistema de enorme riqueza propio das zonas litorais, que xunto coa situación estratéxica constitúe un espazo único que permite traballar coa comunidade escolar temáticas relacionadas coa biodiversidade da costa galego ou os impactos ambientais que actualmente esta a sufrir, entre outros moitos temas.
Este rico patrimonio natural combínase coa peculiar historia do Castelo de Santa Cruz, que a longo de catro séculos, foi e é un baluarte de “defensa”: defensa da cidade da Coruña dos ataques navais dos corsarios ingleses; defensa da cultura a través da escritora Emilia Pardo Bazán, propietaria da illa; ou defensa do medio ambiente como centro de Educación Ambiental (CEIDA).

Con motivo da declaración do 2010 como Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, o CEIDA desenvolverá un programa de actividades na Illa de Santa Cruz, no que se conxuga arte, divulgación científica e sensibilización ambiental. O obxectivo principal destas actividades é divulgar entre a comunidade escolar a importancia da biodiversidade, así como as ameazas ás que se ve exposta. Preténdese que o alumnado aprenda a valorala e adopte comportamentos positivos cara a súa conservación e uso sustentable.

Actividades a desenvolver