Un programa de educación ambiental para a conservación da nosa beiramar. A través desta proposta abórdase, dende diferentes perspectivas, o coñecemento dos valores naturais e culturais da nosa costa para que os participantes adopten actitudes e comportamentos positivos cara a súa conservación e uso sustentable.
Tríptito: o tríptico do programa pódese descargar aquí.
Enclave estratéxico onde se pode observar a entrada ás rías do golfo Ártabro: A Coruña, Ares-Betanzos e Ferrol, e lugar onde gozar da paisaxe que nos ofrecen os cantís, mostra inequívoca da bravura do noso mar.
A Aula do Mar converteuse hoxe na entrada case obrigada ao Monumento Natural Costa de Dexo- Serantes . No seu interior alberga unha exposición impactante de paneis e proxeccións audiovisuais que nos aportan unha visión global dos valores naturais, patrimoniais, económicos e paisaxísticos da costa galega.
Importante enclave económico e social do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. Lugar onde coexisten artes e modos de pesca tradicionais con modernas instalacións de cultivos mariños e supón unha ocasión para comprender a importancia social do mar en Galicia grazas ao contacto cos mariñeiros, coas redeiras e con outros colectivos do sector.
A vida neste medio non é doada, os organismos aquí presentes conseguen sobrevivir debido a que presentan adaptacións ás condicións ambientais extremas producidas polo subir e baixar das augas. É un espazo óptimo para a observación de aves mariñas, así como das comunidades de flora e fauna que viven nos areais e rochas das praias.
A posta en valor e coñecemento deste edificio e o seu entorno é tamén un dos obxectivos do CEIDA, motivo polo cal se ofrece esta actividade de contido histórico.
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia é o Centro de Referencia da Educación Ambiental en Galicia. Por iso ábrenselle as portas a tódolos colectivos interesados en coñecer as liñas de traballo, a oferta de actividades ou as nosas instalacións.
Unha analoxía entre a última viaxe do Prestige e o modelo enerxético actual, que permite abordar a catástrofe ambiental provocada por este petroleiro e facer unha reflexión sobre a insostibilidade do modelo enerxético que impera na nosa sociedade. Ir á páxina da exposición.
Unha mostra que axuda á difusión e coñecemento do patrimonio marítimo galego dende unha visión global, co obxectivo de continuar traballando na necesaria recuperación e posta en valor do noso acervo cultural mariñeiro. (Exposición cedida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial).