Patrocinado polo Concello de Oleiros e a Fundación Arao.
Obxectivos:
- Abrir o Concello de Oleiros e a costa do Golfo Ártabro a todo tipo de colectivos, institucións e empresas interesadas no coñecemento do medio.
- Ofrecer estratexias de interpretación da complexidade, riqueza e fraxilidade do medio ambiente mariño, construíndo un coñecemento compartido sobre a xeoloxía, orografía e biodiversidade do litoral.
- Coñecer espacios concretos onde se poden ver as diferentes manifestacións do medio mariño, incidindo, no caso, na relación do ser humano con estes espacios (praias turísticas, cantís protexidos, intermareais marisqueiros, etc.).
- Fomentar actitudes participativas na protección e conservación do equilibrio ecolóxico da costa, presentando a incidencia das actividades humanas e as boas prácticas que minimizarían o seu impacto.
- Invitar ao constante enriquecemento cultural e intelectual en relación co mar e o litoral, "gañando" o maior número posible de cidadáns para a causa do conservacionismo
Destinatarios/as:
- Centros educativos e colectivos sociais de toda Galicia
Actividades:
- Visitas guiadas a distintos puntos da costa oleirense, como o Porto de Lorbé, a Ría do Burgo, o Monumento Natural "Costa de Dexo-Serantes" e a Illa de Santa Cruz.
- Video-forum ambiental
- Xogos multimedia baseados nas distintas problemáticas ambientais e adaptados as distintas idades
- Xogos cooperativos de temática ambiental
- Obradoiros de confección de aparellos relacionados co mar (embarcacións tradicionais, redes) e recollida de elementos do medio mariño
- Exposicións relacionadas con distintos temas medioambientais
O programa desenvolveuse nun período dun ano e nel participaron 200 grupos cun total de 6.226 participantes. Número de persoas que participaron no Programa dende o seu inicio: 
Colectivos sociais que participaron no Programa dende o seu inicio: 