O mar e a costa, recursos valiosos para todos (2008) | CEIDA

O mar e a costa, recursos valiosos para todos (2008)

Datas
Durante todo o ano

Destinatarios
Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Bacharelato e Ciclos Formativos. Asociacións e outros colectivos.

Formulario
Se queres participar debes cubrir o formulario de solicitude

Introdución
Nas últimas décadas a costa galega está sufrindo unha gran presión que ameaza con destruír os seus valores e as súas riquezas naturais.
O urbanismo agresivo, os vertidos incontrolados, a sobreexplotación dos recursos, a destrucción de hábitats... poñendo en perigo a impresionante riqueza biolóxica que albergan as nosas costas.
Pero aínda así, a costa galega ten un interese natural moi destacado, con moitos espazos litorais e mariños de alto valor ecolóxico que compre protexer de xeito especial. 28 espazos naturais costeiros foron obxecto de protección legal, algúns son ben coñecidos como o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, ou a Costa da Morte.
Un deles é a Costa de Dexo, situado no Concello de Oleiros,e declarado Monumento Natural no ano 2000. Representa un lugar de grande importancia ecolóxica, tanto pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats como pola súa xeomorfoloxía e paisaxe.

Obxectivos

  • Xeral
  • Dar a coñecer os valores naturais e culturais da nosa costa para que os participantes adopten actitudes e comportamentos positivos cara a súa conservación e uso sustentable.

  • Específicos
    • Analizar as problemáticas ambientais da beiramar galega, a súa causalidade, efectos e axentes involucrados, entendendo a súa complexidade.
    • Ser conscientes dos valores naturais e culturais que se agochan na nosa beiramar e en concreto no Monumento Natural Costa de Dexo Serantes.
    • Descubrir as potencialidades que para un desenvolvemento local sustentable ten a declaración dun espazo protexido, recoñecendo e defendendo as súas limitacións de uso, como necesarias para a conservación e como potenciais para o desenvolvemento dunha nova relación co medio mais respectuosa e sostible.

Contidos

  • Valores naturais e culturais do “Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes”
  • Problemáticas ambientais da beiramar galega
  • Pros e contras da declaración dun espazo protexido
  • Limitacións de uso nun espazo natural protexido
  • Potencialidades de desenvolvemento local sustentable
  • Ameazas dun espazo natural protexido
  • Figuras legais de protección autonómicas, estatais e europeas

Actividades
Custe das actividades: 1€/participante
Horario: de luns a sábado de 10 a 14 e de 16 a 19 horas.

  • Aula do Mar dos Faros de Mera
  • A Aula do Mar • Centro de recepción de Visitantes converteuse hoxe na entrada case obrigada ao Monumento Natural Costa de Dexo- Serantes . A antiga vivenda do fareiro alberga unha exposición impactante de paneis e proxeccións audiovisuais que nos aportan unha visión global dos valores naturais, patrimoniais, económicos e paisaxísticos da costa galega.

    • Duración: 1 hora
    • Número máx. de participantes: 25
  • Roteiros no Monumento Natural Costa de Dexo- Serantes
  • Enclave estratéxico onde se pode observar a entrada ás rías do golfo Ártabro: A Coruña, Ares-Betanzos e Ferrol, e lugar onde gozar da paisaxe que nos ofrecen os cantís, mostra inequívoca da bravura do noso mar.

    • Duración: 2 hora e media
    • Número máx. de participantes: 50
  • Aula + Roteiro
  • Combinación das dúas actividades. Para grupos de máis de 25 persoas, dividirase en dous subgrupos e realizaran por separado as actividades.

    • Duración: 3 h e 30’ – 4h
    • Número máx. de participantes: 50