Datas
Durante todo o ano
Destinatarios
Educación Primaria e Secundaria. Bacharelato e Ciclos Formativos.
Asociacións e outros colectivos.
Formulario
Se queres participar debes cubrir o formulario de solicitude
Introdución
Nas últimas décadas a costa galega está sufrindo unha gran presión que ameaza con destruír os seus valores e as súas riquezas naturais.
O urbanismo agresivo, os vertidos incontrolados, a sobreexplotación dos recursos, a destrucción de hábitats... poñendo en perigo a impresionante riqueza biolóxica que albergan as nosas costas.
Pero aínda así, a costa galega ten un interese natural moi destacado, con moitos espazos litorais e mariños de alto valor ecolóxico que compre protexer de xeito especial. 28 espazos naturais costeiros foron obxecto de protección legal, algúns son ben coñecidos como o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, ou a Costa da Morte.
Un deles é a Costa de Dexo, situado no Concello de Oleiros,e declarado Monumento Natural no ano 2000. Representa un lugar de grande importancia ecolóxica, tanto pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats como pola súa xeomorfoloxía e paisaxe.
Obxectivos
- Xeral
Dar a coñecer os valores naturais e culturais da nosa costa para que os participantes adopten actitudes e comportamentos positivos cara a súa conservación e uso sustentable.
- Específicos
- Analizar as problemáticas ambientais da beiramar galega, a súa causalidade, efectos e axentes involucrados, entendendo a súa complexidade.
- Ser conscientes dos valores naturais e culturais que se agochan na nosa beiramar e en concreto no Monumento Natural Costa de Dexo Serantes.
- Descubrir as potencialidades que para un desenvolvemento local sustentable ten a declaración dun espazo protexido, recoñecendo e defendendo as súas limitacións de uso, como necesarias para a conservación e como potenciais para o desenvolvemento dunha nova relación co medio mais respectuosa e sostible.
Contidos
- Espazos Naturais Protexidos
- Rede Natura 2000
- Rede Galega de Espazos Protexidos
- Áreas Mariñas Protexidas
- Oportunidades destes Espazos
- Amenazas e impactos do Litoral Galego e dos Espazos Naturais Protexidos
- Monumento Natural Costa de Dexo –Serantes
- Valores naturais, patrimoniais e paisaxísticos
- Aproveitamentos tradicionais, actuais do Monumento Natural. Outros aproveitamentos que permitan o uso sustentable do Monumento Natural e en xeral dos espazos naturais
Os contidos da actividade adaptaranse as idades dos participantes
Actividades
Custe das actividades: 1€/participante
Horario: de luns a sábado de 10 a 14 e de 16 a 19 horas.
- Aula do Mar dos Faros de Mera
A Aula do Mar • Centro de recepción de Visitantes converteuse hoxe na entrada case obrigada ao Monumento Natural Costa de Dexo- Serantes. A antiga vivenda do fareiro alberga unha exposición de paneis e proxeccións audiovisuais que nos aportan unha visión global dos valores naturais, patrimoniais, económicos e paisaxísticos da costa galega.
- Duración: 1 hora
- Número máx. de participantes: 25
- Roteiros no Monumento Natural Costa de Dexo- Serantes
Enclave protexido onde se pode observar a entrada ás rías do golfo Ártabro: A Coruña, Ares-Betanzos e Ferrol, e lugar onde gozar da paisaxe que nos ofrecen os cantís, mostra inequívoca da bravura do noso mar.
- Duración: 2 hora e media
- Número máx. de participantes: 50
- Aula + Roteiro
Combinación das dúas actividades. Para grupos de máis de 25 persoas, dividirase en dous subgrupos e realizaran por separado as actividades.
- Duración: 3 h – 3 h e 30’
- Número máx. de participantes: 50