O mundo das árbores (2007) | CEIDA

O mundo das árbores (2007)

Obxectivos:

  • Achegar aos escolares aos aspectos máis interesantes e curiosos dos árbores que nos rodean e descubrir a importancia social e cultural dos bosques de Galicia.
  • Investigar os usos tradicionais asociados as árbores como exemplo de uso sostible dos recursos.
  • Coñecer as vantaxes e beneficios que nos aportan as árbores e darse conta da importancia da súa conservación.

Destinatarios/as:

  • Centros educativos e colectivos sociais de toda Galicia

Actividades:

  • Visita guiada a "O Mundo das Árbores". Exposición didáctica que achega aos rapaces ao mundo das árbores, facilitanto así o seu coñecemento.
  • Traballo con material didáctico. Observando e recompilando a información que aparece nos paneis, complétanse as fichas deseñadas para educación infantil e educación primaria. O nivel de complexidade adáptase as diferentes idades dos rapaces.
  • Xogos educativos. De forma constructiva os rapaces enfróntanse aos problemas ambientais de actualidade
  • Visita ao xardín do Castelo de Santa Cruz, cheo de árbores centenarias e elementos interpretativos, que facilitarán o aprendizaxe e desfrute dos rapaces.

Material das actividades:

  • 36 fotografías das árbores máis representativas da Península Ibérica que conteñen datos interesantes e curiosos das árbores que forman os nosos bosques: dimensións, enfermidades, crecemento, usos tradicionais, etc.
  • Cortes de madeira que permiten observar detalles da cortiza, os aneis de crecemento e un semilleiro coas sementes de distintas árbores da Península Ibérica.
  • Material didáctico: encrucillados, adiviñas, relacións e preguntas que nos espertan a curiosidade por diferentes aspectos das árbores e dos bosques.
  • Paneis interpretativos sobre as árbores do xardín da Santa Cruz e sobre a importancia da fabricación de abono natural a partir dos residuos orgánicos que se xeneran ao cortar o cérpede ou ao podar os árbores.