A natureza mariña galega 2008 | CEIDA

A natureza mariña galega 2008

Datas
Febreiro e Marzo do 2008

Destinatarios
Educación primaria e secundaria

Formulario
Se queres participar debes cubrir o formulario de solicitude

Introdución
Rías, illas, praias, dunas, esteiros,... forman unha gran variedade de ambientes que debuxan unha paisaxe única en Galicia. Ante a necesidade de protexer a súa riqueza natural xurde este programa de Educación ambiental que pretende que, todos os rapaces e rapazas participantes, coñezan os principais valores naturais e culturais destes ambientes, un patrimonio único que temos a obriga de preservar para as xeracións futuras.

Obxectivos

  • Dar a coñecer aos escolares os aspectos máis interesantes e curiosos do medio mariño así como descubrir a importancia social e cultural do mar en Galicia e a necesidade da súa conservación
  • Amosar a gran diversidade de algas, tartarugas, peixes, mamíferos e aves mariñas presentes nas costas galegas
  • Informar das agresións e ameazas que a cotío está a sufrir o medio mariño e litoral en Galicia
  • Descubrir a importante labor social e ambiental dos grupos ecoloxistas a través do traballo dun dos grupos mais antigos de Galicia: A Sociedade Galega de Historia Natural

Contidos

  • Mamíferos mariños:
    • Bioloxía, distribución e estatus poboacional dos cetáceos ( Cranios, maxilares e maquetas a escala natural)
    • Aproveitamento da súa carne, graxa e espermaceti
  • Tartarugas mariñas:
    • Perigos da súa migración como as capturas accidentais, o lixo flotante, e o descartes das redes
  • Aves mariñas:
    • Rutas migratorias e perigos a os que se enfrontan
  • Bioloxía e alimento de algúns peixes ( Peteiros e cranios) e colección de cunchas de Galicia, nos que queda resumida a diversidade malacolóxica e as diferencias entre especies.
  • Orixes e historia da Sociedade Galega de Historia Natural, a súa labor social e ambiental ao longo dos últimos 30 anos.

Actividades

  • Duración: 1 hora e media
  • Número máximo de participantes: 40

Actividades propostas

  • Visita guiada á exposición “A natureza mariña galega”
  • Obradoiros ambientais:
    • Xogos de identificación de moluscos, a través das cunchas mariñas recollidas nas praias
    • Observación do algareo do Castelo de Santa Cruz, co fin de descubrir os grandes grupos de algas que existen nas costas galegas e os seus usos actuais
    • Usar os artigos que saen diariamente na prensa para descubrir as serias ameazas e o deterioro actual das nosas costas, e debater sobre as súas posibles solucións

    Os obradoiros adaptaranse á idade dos participantes