Datas
Abril - Maio do 2008
Destinatarios
Educación Primaria e Secundaria. Bacharelato e Ciclos Formativos
Formulario
Se queres participar debes cubrir o formulario de solicitude
Introdución
Un dos maiores retos aos que se enfronta a humanidade na actualidade é o cambio climático. A comunidade científica alerta do problema, das súas causas e da necesaria procura de solucións inminentes para a súa mitigación e adaptación.
Moitas das actividades que realizamos na nosa vida cotiá provocan, directa ou indirectamente, emisións de gases de efecto invernadoiro, e por tanto contribúen ao quentamento global. A perda de fogares por causa das inundacións, illas asolagadas pola subida do nivel do mar, colleitas arruinadas polas vagas de calor e as sequías, ...son algunhas das súas consecuencias. Nas nosas mans está impedir que isto aconteza, pero, é preciso que todos os actores sociais se involucren na loita contra este fenómeno global.
Obxectivos
- Xeral
Achegar á comunidade educativa o fenómeno do cambio climático, as súas causas, a súa relación cos modelos de produción e consumo enerxético, e as respostas necesarias dende a acción individual e colectiva para facerlle fronte.
- Específicos
- Dar a coñecer as causas e os efectos do quentamento global
- Clarificar ideas erróneas ou sesgadas sobre este fenómeno
- Analizar criticamente a influenza das nosas actividades cotiás sobre o clima
- Concienciar da necesidade de cambiar os nosos hábitos para loitar contra os efectos do cambio climático
- Fomentar boas prácticas ambientais que contribúan ao aforro enerxético na escola e na casa
Contidos
- A evolución do clima
- Causas do cambio climático
- O efecto invernadoiro
- Influencia das actividades humanas no clima
- Emisións antrópicas de GEI
- Consecuencias sociais, económicas e sobre os ecosistemas do quentamento global
- Solucións
- accións individuais e colectivas de aforro enerxético
- actuacións a nivel local, rexional e planetario
- O quentamento global en Galicia: causas, efectos e solucións
Actividades
- Custe da actividade: 1€/participante
- Duración: aprox.1 hora e media
- Número máx. de participantes: 25
As actividades propostas para este programa son:
- Visita guiada a exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” (baseada no proxecto CLARITY - Acción Educativa por el Clima)
- Visionado dun audiovisual sobre as causas, os efectos e as solucións do quentamento global.
- Obradoiros ambientais:
- “¿E mais eu, cantas emisións podo evitar?”. A través dun programa informático calculase as emisións que se poderían evitar co uso dunha bicicleta.
- “Emisión cero”: utilización dunha pila de combustible de hidróxeno, coa que se xera electricidade cunha emisión cero de gases contaminantes
Máis información: