Pés na terra (2009) | CEIDA

Pés na terra (2009)

Coa colaboración da Consellería do Medio Rural, Xunta de Galicia

Datas
De Febreiro a Xuño de 2009

Destinatarios
Terceiro Ciclo de Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos

Formulario
Se queres participar é necesario que cubras o formulario de solicitude
Prazas curso escolar 2008-2009 cubertas

Descrición
Pés na terra é unha actividade de educación ambiental dirixida aos centros de ensino de toda Galicia, na que se ofrece a realización dun itinerario forestal guíado e un material didáctico elaborado especificamente para o programa, orientado segundo os destinatarios e adaptado aos contidos curriculares do alumnado que permitirá así traballar no Centro Educativo, tanto antes como despois da visita, cuestións vencelladas ao monte a través das actividades prácticas propostas en dito material

Obxectivos

  • Xeral
    Achegar á comunidade educativa a importancia da sustentabilidade da xestión do monte e do seu aproveitamento dende o punto de vista multifuncional, fomentar a cultura forestal e a valorización social do monte como mellora da calidade ambiental do territorio
  • Específicos
    • Xerar o coñecemento sobre a realidade forestal galega, coas súas potencialidades e problemáticas actuais asociadas, poñendo en valor este patrimonio entre futuros propietarios e traballadores, así como entre actuais usuarios do mesmo
    • Facer comprensibles as técnicas e traballos forestais levados a cabo para unha xestión forestal sustentable que redunden na conservación dos servizos e recursos que do monte se obteñen
    • Achegar á comunidade educativa os conceptos de multifuncionalidade, xestión forestal sustentable e diversificación de produtos e servizos forestais

Contidos

  • A historia do monte en Galicia. O monte e o medio
  • A problemática do monte galego. Orixes, causas e solucións. Os incendios forestais
  • A multifuncionalidade do monte: valores e beneficios económicos, culturais, sociais e ambientais
  • Os traballos no monte. A potencialidade do mesmo como fonte de servizos e recursos. Oportunidades e desafíos
  • O uso sustentable do monte: xestión forestal sustentable. A certificación forestal

Os contidos da actividade adaptaranse as idades dos participantes

Actividades
Custe da actividade: de balde
Duración do itinerario: aprox. 3 h.
Nº máximo de participantes: 50
A acción formativa consta de 3 fases:

  • Traballo preparatorio na Aula co apoio do material didáctico
  • Itinerario guiado nos montes de Monfero. O itinerario discorre por montes xestionados pola Consellería do Medio Rural e parte pertence ao Parque Natural das Fragas do Eume
  • Traballo posterior no Centro Educativo a través de actividades propostas no material didáctico