Coa colaboración da Consellería de Medio Rural, Xunta de Galicia
Datas
Ata o 20 de xuño
Destinatarios
Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos da provincia da Coruña.
Formulario
Para participar é necesario cubrir o formulario de solicitude
Introdución
O medio rural -e integrado nel o monte- constitúe un patrimonio esencial para o desenvolvemento sustentable dun país, especialmente en Galicia, onde os terreos de monte constitúen máis do 65% da súa superficie.
O monte, e polo tanto os seus recursos forestais, son esenciais para a vida e ao longo da historia sempre xeraron múltiples beneficios, non só económicos, senón tamén sociais, culturais e ambientais.
Só coñecendo este importante patrimonio aprenderemos a valoralo e aprecialo e, por suposto, a coidalo e conservalo para poder seguir gozando de todos os seus beneficios.
Obxectivos
Achegar á comunidade educativa a importancia da sustentabilidade da xestión do monte e do bosque e do seu aproveitamento dende o punto de vista multifuncional, o fomento dunha cultura forestal e a valorización social do monte, como mellora da calidade ambiental do territorio.
Contidos
Actividades
As actividades propostas para este programa son: