Sala de Proxeccións da Domus, rúa Santa Teresa, 1. A Coruña
Programa proxeccións audiovisuais
Sábado 30 de maio
- 18:00 El toro amigo: Luis Miguel Domínguez. Pouco é o que sabemos dos nosos touros de lidia mentras están medrando nas devesas, cercados en numerosas ocasións por un ecosistema de gran riqueza e diversidade
- 19:15 Introducción a la fotografía infrarroja: Luis Monje. A posibilidade de fotografar en lonxitudes de onda máis curta que a luz visible supón adentrarse nun territorio cheo de sorpresas e posibilidades
- 20:00
- La costa Ártabra: Fran Nieto. O tramo de costa comprendido entre Ares e Cabo Ortegal é un dos mellor conservados do litoral español, cunha riqueza paisaxística que merece un recoñecemento no seu nivel de protección
- Cien latidos: Francisco Mingorance. Cen das mellores tomas dun dos fotógrafos da natureza españois máis recoñecidos e que publicou recentemente no libro que leva por título Cien Latidos
- Intervalos: Nilo Merino. Un percorrido por diferentes técnicas e formas de aproximarse á fotografía dos grandes espazos naturais que temos no norte da Península
- 20:30 Pacto con lobos: Carlos Sanz. O lobo acompañou ó home na súa expansión pola Península Ibérica. Por desgracia numerosos factores, entre eles o medo atávico á sua presenza, levárono ao borde da extinción. Por fortuna, algunhas persoas como Carlos Sanz realizan un enorme esforzo por divulgar a importancia e a necesidade da súa conservación
Domingo 31 de maio
- 10:00 Ríos de vida: João Cosme. Portugal posúe unha gran riqueza biolóxica vinculada aos seus ríos, riqueza que non sempre é coñecida nin sequera polas poboacións mais próximas
- 10:40 Imágenes de un mundo a preservar: Filipe Silva. Posiblemente, a mellor forma de concienciar á poboación sobre a importancia que ten conservar o noso patrimonio natural sexa mostrándolle a súa beleza. É o obxectivo de Filipe Silva, incansable viaxeiro que utiliza as súas instantáneas para achegarnos aos últimos paraísos naturais
- 11:30 A Natureza galega e os desafíos da súa conservación. Mesa redonda. Intervirán Pedro Galán, Pablo Ramil, Manuel Rodríguez Guitián, Victoriano Urgorri, Fernando Cobo e Carlos Vales. Moderará Xosé A. Fraga
- 16:00
- Un viaje por la cuenca del río Yukón: Roberto Bueno e Olalla Bueno. Os indios nativos chamábanlle «yuchoo», o gran río. Son 3.190 Km de arteria líquida que, sen saber de fronteiras humanas, une dous dos territorios máis vírxenes, lexendarios e atraentes que hai no noso planeta: Alaska e Yukón
- Serranía Alta de Cuenca: José Larrosa. A Serranía Alta de Cuenca declarouse recentemente parque natural polos seus importantes valores naturais
- Melodía natural: AEFONA. A Asociación Española de Fotógrafos de Naturaleza agrupa a un bo número de fotógrafos, afeccionados e profesionais, que teñen na conservación da natureza o seu nexo de unión
- Mirada natural: miradanatural.es . Internet consolidouse como un punto de encontro onde os fotógrafos comparten as súas experiencias e sus coñecementos. O portal www.miradanatural.es é un deles e nel materialízase o excelente momento no que se atopa a fotografía da natureza en España
- 16:45 La Antártida y el calentamiento global: Carlos Caraglia. Moito se falou sobre o cambio climático que afecta ao noso planeta. Carlos Caraglia é o coordinador dun ambicioso proxecto de investigación e divulgación deste fenómeno e falarános do mesmo despois de varias expedicións á Antártida
- 17:45
- Aves en libertad: Andrés M. Domínguez. Fotografar aves en liberdade non é só obter a imaxe para un fin determinado, senón tamén unha forma de expresar e transmitir sentimentos
- Omaña: Antonio Liébana. Omaña é unha das grandes comarcas naturais e tradicionais do norte da provincia de León, situada na zona sur da Cordillera Cantábrica. Os seus profundos bosques todavía conservan a esencia da natureza
- Naturaleza salvaje: IWP. International Wildlife Photography xurde como un proxecto altruista dun grupo heteroxéneo de fotógrafos que intentan dar a coñecer o noso patrimonio natural a través das fotografías que obteñen, sempre ó servizo da conservación
- 18:35
- Salvar Mallorca: Miquel Ángel Dora. Gran parte da natureza foi engulida polo asfalto e o cemento. Unha das zonas onde este fenómeno alcanzou as súas maiores cotas é nas Illas Baleares, especialmente en Mallorca. A pesar de todas as dificultades moitos animaies loitan por sobrevivir e algúns fotógrafos e naturalistas acompáñannos nesta batalla
- Naturimagen: Juanvi Carrasco. Un intenso percorrido pola variada e rica natureza española: polas súas paisaxes e habitantes
- Volando por l'Albufera: Carlos Oltra. A Albufera de Valencia é posiblemente o espazo natural español con maiores dificultades no que se refire á sua xestión, debido á influencia que teñen sobre el os usos tradicionais e grandes núcleos de poboación cercanos. Neste audiovisual temos a ocasión de visitala a vista de páxaro
- Fotógrafos de Naturaleza argentinos: FNAweb.org. A fotografía da natureza en Arxentina goza dun bo nivel técnico e artístico, como o demostra esta recopilación de tomas da Asociación de Fotógrafos de Naturaleza Argentinos