Datas
Do 17 de novembro ao 9 de decembro de 2010
Destinatarios
Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato de toda Galicia
Introdución
As reservas pesqueiras son unha das ferramentas de xestión máis eficaces que existen para explotar de xeito sostible os recursos mariños. Conscientes delo, os mariñeiros da confraría de Lira-Carnota puxeron en práctica unha pesca rendible e respesctuosa coa conservación dos recursos a través da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos, a primeira iniciativa deste tipo xurdida en Galicia que xa é un referente a nivel europeo de pesca sostible.
Obxectivos
- Amosar a gran diversidade mariña presente nas costas galegas.
- Informar das ameazas que están a sufrir as pesqueirías galegas e descubrir as reservas pesqueiras como posible solución.
- Dar a coñecer os aspectos máis interesantes e curiosos da pesca artesanal así como descubrir a importancia social, cultural e económica do mar en Galicia.
Descrición da actividade
Durante a visita á exposición "Os Miñarzos: Reserva Mariña de Interese Pesqueiro de Lira-Carnota" dúas personaxes, un polbo e unha nécora, acompañarán a mariñeiros e mariscadoras (os rapaces) pola reserva para contarlles como se desenvolve a actividade pesqueira, como se usan as artes de pesca tradicionais (nasas, espello, miños, vetas e palangrillos), facendo fincapé na riqueza biolóxica da costa galega e da necesidade das reservas pesqueiras e da pesca sostible.
As actividades rematarán descubrindo o papel que cada un de nós, como consumidores, nos toca xogar na conservación do mar e os recursos mariños.
Lugar
Castelo de Santa Cruz (Oleiros), sede do CEIDA.
Nº máximo de participantes
50 rapaces.
Duración da visita
de 2 a 2.30 h.
Custe
1 € por participante.
Formulario
Se queres participar debes cubrir o formulario de solicitude