Curso Gobernanza e Toma de Decisións en grupos, organizacións e equipos de traballo (Módulo 3. Xestión e Facilitación de Grupos)

Usted está aquí

Gobernanza e toma de decisions curso facilitacion grupos CEIDA
Fecha
De Viernes, 22 Febrero, 2013 hasta Domingo, 24 Febrero, 2013
Horario
  • Venres 22: de 16 a 20 h.
  • Sábado 23: de 10 a 14 h. e de 16 a 20 h.
  • Domingo 24: de 10 a 14 h.

As personas que están matriculadas no curso completo traballarán no seu proxecto personal tamén o domingo de 16 a 20 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Instituto de Facilitación y Cambio (IIFAC-E); Academia de Permacultura NodoEspiral

Objetivos

As reunións e asembleas son a base organizativa da maioría de grupos, asociacións, organizacións, cooperativas, etc... e en moitos dos casos convírtense nuns eventos longos, tediosos e ineficaces.
Neste obradoiro veremos ferramentas e técnicas para facilitar e diseñar reunións e asembleas máis participativas e efectivas, ademais de estruturas de gobernanza que apoien aos grupos e organizacións nunha toma de decisións máis eficaz e dinámica.

Veremos:

  • Factores na toma de decisións.
  • Diferentes métodos na toma de decisións (por consenso, por consentimento..).
  • Facilitación de asembleas e reunións.
  • Estruturas de Gobernanza.
Imparte
  • César Fernández Pérez. Membro de IIFAC-E (Instituto Internacional de Facilitación e Cambio).
  • Concepción Piñeiro. Doutora en Comunicación Ambiental, Licenciada en Ciencias Ambientais (UAM, 2001) e Experta en Consumo Responsable con enfoque de xénero.

Desde o 2002 leva formándose de maneira continua e especializada en facilitación de procesos de grupo. Leva impartido numerosos cursos, procesos participativos e obradoiros. Participa en colectivos sociais desde fai máis de 15 anos.

Descripción

A educación ambiental, ferramenta necesaria para alcanzar unha sociedade sustentable, ten na participación social e na organización comunitaria firmes alicerces para as transformacións sociais que se perseguen.
Este curso específico sobre participación e traballo en equipo é un dos módulos incluídos dentro dun programa formativo máis amplio sobre xestión e facilitación de grupos.

Ver programa completo do curso de Xestión e Facilitación de Grupos

Máis información
formacion@ceida.org - 981 630 618

Inscripción

Prezo: 75 €

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Logo Ceida

Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio