II Curso Instituto Jane Goodall de Primatoloxía: Bioloxía, etoloxía e conservación

Usted está aquí

II Curso Intituto Jane Goodall de Primatoloxia CEIDA
Fecha
De Viernes, 27 Junio, 2014 hasta Sábado, 28 Junio, 2014
Horario
  • Venres 27 xuño: 17 - 20 h.
  • Sábado 28 xuño: 10 - 14 h. / 16 - 19 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA, Instituto Jane Goodall

Dirigido a

O curso está destinado a todo Homo sapiens curioso que desexe redescubrirse como primate e coñecer en maior profundidade as similitudes e diferencias que temos co resto da nosa familia evolutiva. Os participantes recibirán un Certificado de Asistencia do Instituto Jane Goodall.

Imparte
  • Federico Bogdanowicz, Licenciado en Antropoloxía e Máster de Primatoloxía pola Universitat de Barcelona. Vicepresidente e director executivo do Instituto Jane Goodall desde 2007, brindou obradoiros, charlas e conferencias sobre primatoloxía e conservación en diversas universidades e centros educativos e de rescate de primates de España, incluíndo o I Simposio de Primatoloxía e Conservación do IJG na Universitat Autònoma de Barcelona en 2012 e 2014. Participou no 2º Council Meeting do GRASP (Great Ape Survival Partnership) na Unesco-París, en 2012. Colaborou in situ e ex situ cos proxectos de investigación, educación e conservación do IJG en Senegal, Guinea, Congo, Tanzania e Uganda.
  • Laia Dotras, Licenciada en Bioloxía e Máster de Primatoloxía pola Universitat de Barcelona. Membro da Xunta Directiva do Instituto Jane Goodall España e Responsable de Educación do mesmo. Traballou en proxectos de rehabilitación e conservación de chimpancés en Sierra Leona e na República Democrática de Congo. Actualmente colabora co Centro de Rehabilitación de Primates de Lwiro, na RD do Congo. Ofreceu conferencias de primatoloxía en todo o país, incluindo o I Simposio de Primatoloxía e Conservación do IJG na Universitat Autònoma de Barcelona en 2012 e 2014. Tamén participou en Congresos de educación para a conservación de primates de PASA (Pan African Sanctuaries Alliance) en Inglaterra, Sudáfrica e Uganda.
Contenidos
  1. Orden Primates
    1. Quen somos? De onde vimos? (Orixe, evolución e filoxenia)
    2. Por que me chaman “primate”? (Características biolóxicas e anatómicas)
    3. Presentámoste ao resto da familia (Taxonomía)
  2. Ecoloxía
    1. Onde viven os primates? (Distribución e hábitats)
    2. Animais todo-terreo (Sistemas de locomoción)
    3. “To eat or not to eat: that’s the question” (Conduta trófica e importancia ecolóxica)
  3. Etoloxía
    1. Como funciona un grupo de primates? (Comportamento social)
    2. Teñen “cultura” e “conduta instrumental” os outros primates?
    3. “Penso, logo, sobrevivo” (Capacidades cognitivas)
    4. “Chámasme ti ou te chamo eu? (Comunicación primate)
  4. Conservación
    1. “Que fixemos?”. (Estado actual das especies de primates e ameazas)
    2. “Que podemos facer?”. (Estratexias de conservación, metodoloxías e resultados)
    3. “Volver á natureza” (Reintrodución de especies)
  5. Casos concretos do Instituto Jane Goodall
    1. Rehabilitación de chimpancés decomisados: Tchimpounga (Congo)
    2. Estudo de chimpancés en liberdade: o proxecto de investigación do IJGE en Senegal
    3. Opcións de voluntariado en África.
Descripción

O Instituto Jane Goodall é unha organización sen fins de lucro fundada pola célebre primatóloga inglesa Jane Goodall, que traballa en programas de educación, sanidade e desenvolvemento sostible coas comunidades humanas a nivel global. O presente curso, aberto
a estudantes e público xeral, ofrece un completo programa de introdución a fascinantes temas da bioloxía comparada e taxonomía, condutas e capacidades cognitivas asombrosas, así como interesantes cuestións relacionadas coa ecoloxía e a conservación dos primates.
Os asistentes poderán contar cos testimonios de primeira man de primatólogos do Instituto Jane Goodall con experiencia en África, e aprender sobre os proxectos e desafíos no terreo.

Inscripción
  • 50 € (público xeral)
  • 40 € (estudantes, parados e pagos anticipados anteriores ao 8 de xuño)

* Os beneficios deste curso serán destinados aos proxectos de conservación do IJG en África.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Logo Ceida

Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas