Xornada A Xestión Integrada nas Zonas Costeiras no Territorio da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Usted está aquí

Xornada A Xestión Integrada nas Zonas Costeiras no Territorio da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo CEIDA
Dispoñibles ponencias en PDF
Fecha
Martes, 27 Enero, 2015
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Colabora

CEIDA

Descripción

Aproveitando a presenza no CEIDA do Profesor Stephen Olsen, Ex-director do Coastal Resources Center da Universidad de Rhode Island (Estados Unidos) e unha das maiores autoridades mundiais na xestión integrada das zonas costeiras, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo en colaboración co CEIDA, organizou esta xornada de traballo sobre a xestión integrada da zona costeira no territorio da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A xornada foi unha oportunidade para contribuír ao cumprimento dos obxectivos do Plan Estratéxico da Reserva da Biosfera, aproveitando a experiencia e os coñecementos de casos prácticos desenvolvidos polo Profesor Stephen Olsen en diferentes lugares do mundo.

Nesta xornada de traballo participaron representantes da entidade xestora da Reserva da Biosfera, do Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro, das administracións locais, autonómicas e estatais en materia de medio ambiente e xestión costeira, das organizacións de pescadores e mariscadoras, da empresas vinculadas ao medio mariño, dos grupos de Investigación das Universidades e das Fundacións que traballan neste ámbito.

Ponencias
  • A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Presentación. Jorge Blanco. Presidente da Reserva da Biosfera MCTM. Descargar (2 Mb)
  • Posibles aplicacións de experiencia internacional á Reserva da Biosfera. Stephen Olsen. Descargar (1,4 Mb)
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Logo Ceida

Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia- promueve la educación ambiental en todos los sectores sociales, así como el intercambio científico y cultural, trabajando en la búsqueda de soluciones a los problemas ambientales y fomentando las buenas prácticas en este sentido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas