Os centros de visitantes atópanse ligados á xestión do patrimonio e as súas actividades céntranse no recoñecemento dos seus valores. Para que esta mensaxe poida chegar ao público en xeral, é preciso que os xestores e técnicos deste tipo de centros desenvolvan unha comunicación eficaz e atractiva.