Creatividade, traballo en equipo e desenvolvemento de proxectos - Módulo 8 Curso Básico de Facilitación de Grupos | CEIDA

Creatividade, traballo en equipo e desenvolvemento de proxectos - Módulo 8 Curso Básico de Facilitación de Grupos

  • Datas: Do 16 ao 18 de xuño de 2017
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Colabora: Instituto Internacional de Facilitación e Cambio (IIFAC-E)
  • Organiza: CEIDA

Descrición
Coller unha idea ou impulso, crer nela e levala á súa realización. Traballar cos bloqueos, e zig-zags que os proxectos teñen no seu desenvolvemento. Entender mellor o proceso creativo para axudar a que este emerxa no grupo e que a creatividade grupal contribúa a unha maior innovación, capacidade e integración de novas ideas. Igualmente abordarase a importancia de traballar a conexión e cohesión grupal, para facer posible que os procesos de transición e crise inherentes ás entidades e grupos sexan máis construtivos, de aprendizaxe e útiles para as persoas que o conforman.

Dirixido a
Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.

Interésache se
- parte do teu tempo o pasas en grupos
- traballas en equipo e/ou organizacións sociais
- queres mellorar a participación na túa organizacion
- queres aprender a xestionar os confitos grupais
- queres explorar outros xeitos relacionarte contigo mesm@, co@s demáis e coa túa contorna

Imparte
César Fernández (IIFAC-E)

Matrícula
105 €
Prazas limitadas

Descargar dossier completo do curso anual de facilitación

Formulario de inscrición