Descrición
A condución eficiente consiste en aplicar unha serie de técnicas para reducir o consumo de combustible e a contaminación ambiental, ademais de conseguir aumentar a seguridade viaria e o confort a bordo. Segundo datos facilitados polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía (IDAE) os españois aforrarían un 15% anual en combustible cunha condución máis económica sen diminuír a velocidade media.
O obxectivo deste curso é realizar un uso máis racional do vehículo e ofrecer un novo estilo de condución para promover un cambio de actitude nos usuarios.
Desenvolvemento do curso
O curso realizarase nunha única sesión cunha duración de 2 horas, sendo a estrutura a seguinte:
• Quenda de condución normal por cada alumno/a
• Sesión teórica
• Quenda de condución por parte de cada alumno/a, aplicando as técnicas de condución eficiente
• Exposición de resultados das quendas
Para a realización das prácticas porase a disposición dos alumnos/as un vehículo con medición de consumo. O número de alumnos por vehículo será como máximo de catro. As roldas de condución serán realizadas por cada un dos catro alumnos do grupo.
O curso levarase a cabo nun percorrido que conte coa maior parte dos elementos representativos da circulación (cruzamentos, rotondas, vías de dobre sentido, pendentes en subida e en baixada, etc.) e nas que a aplicación dunha ou outra técnica achegan diferenzas en consumo.
Destinatarios
Todas as persoas interesadas
Requisitos dos participantes
Dispoñer de carné de conducir tipo B. O día do curso os alumnos terán que levar orixinal e fotocopia do carné de conducir
Custe
Curso totalmente gratuito, enmarcado dentro Plan de Acción de Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España 2008-2012 (E4), subvencionados polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) a través do convenio suscrito co Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE)
Horario (a escoller polos participantes)
De 9 a 11 h.
De 11 a 13 h.
De 13 a 15 h.