Curso de Iniciación á Macrofotografía - 2ª edición | CEIDA

Curso de Iniciación á Macrofotografía - 2ª edición

  • Datas: Sábado 27 e domingo 28 de maio de 2017
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Organiza: CEIDA

Obxectivos
Dar a coñecer os conceptos básicos de fotografía necesarios para a especialidade de macro, así como os máis específicos para empregar esta especialidade. Todos os coñecementos se consolidarán mediante prácticas de campo. Non son necesarios coñecementos previos de fotografía.

Dirixido a
Fotógrafos/as, naturalistas, ornitólogos/as, biólogos/as, educadores ambientais, monitores/as de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONGs ambientalistas, estudantes de arte e universitarios, ou público xeral interesado.

Imparte
Fran Nieto
Profesor de fotografía e especialista en macrofotografía. Forma parte do profesorado do primeiro postgrao universitario de fotografía en España. Imparte docencia sobre diferentes temas e polos seus cursos pasaron miles de fotógrafos aficionados e profesionais. As súas imaxes foron premiadas en máis de 30 concursos. Autor do libro "Fotografía macro: descubre todos sus secretos" (JdeJ Editores, 2015)
www.frannieto.es

Contidos
Velocidade. Diafragma. Sensibilidade. Profundidade de campo. Difracción. Accesorios de macro. Aneis de extensión. Lentes de aproximación.
Aneis de inversión. Foles. Obxectivos macro. Teleconvertedores. Visores de ángulo recto. O flash. Modos de funcionamento do flash. Lei inversa
do cadrado. Importancia da distancia do fondo. Fondos negros. Tipos de luces. Accesorios: reflectores, difusores e snots. Mestura con luz natural. Enfoque dixital. Extensión da profundidade de campo dixital.

Equipo
Para un perfecto aproveitamento do curso é imprescindible asistir con cámara dixital. É tamén recomendable dispoñer de cable disparador e trípode. Para as prácticas de enfoque e extensión da profundidade de campo co ordenador se recomenda asistir cun portátil con algunha versión de Photoshop instalada.

Horario
12 h. de duración
• Sábado: 10 - 14 h. / 16 - 20 h. Contidos teóricos
• Domingo: 10 - 14 h. Prácticas de campo

Inscrición
Xeral: 90 €
Reducida: 80 € (estudantes e desempregados)
Prazas limitadas

Descargar cartaz

Formulario de inscrición