Curso de Introdución ao Estudo dos Morcegos - 2ª edición | CEIDA

Curso de Introdución ao Estudo dos Morcegos - 2ª edición

  • Datas: Do 28 ao 30 de xullo de 2017
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros), Aula da Natureza de Chelo (Coirós) e río Mandeo
  • Colabora: Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • Organiza: CEIDA, BioLearn

Dirixido a
Profesionais do Medio así como estudantes e titulados en disciplinas afíns. Se ben, toda aquela persoa interesada na temática pode participar. Non son necesarios coñecementos previos.

Obxectivos
O curso introduce ao manexo das diversas metodoloxías utilizadas para o estudo dos morcegos. O coñecemento destas ferramentas é fundamental para abordar calquera estudo ou seguimento ambiental que inclúa estas especies.

Metodoloxía
A formación abordarase desde unha perspectiva eminentemente práctica apoiada nunha exposición de contidos teóricos. Será o alumno/a quen toma o papel activo a través das ferramentas, técnicas e equipos necesarios para o estudo dos quirópteros.

Imparte
Xosé Pardavila e Adrián Lamosa (www.biolearn.org)

Horario e lugar
O curso desenvolverase en 20 horas, distribuídas en sesións de 6 horas a tarde do venres, 9 horas durante o sábado, e 5 horas o domingo pola mañá:
• Venres 28: de 19 a 1 h. Aula de Natureza de Chelo
• Sábado 29: de 10 a 1 h. Castelo de Santa Cruz. Aula de Natureza de Chelo
• Domingo 30: de 10 a 15 h. Aula de Natureza de Chelo

Inscrición
95 €
Prazas limitadas

Descargar programa completo

Formulario de inscrición