Curso de Introdución ao Estudo dos Ungulados: metodoloxías de mostraxe - 2ª edición | CEIDA

Curso de Introdución ao Estudo dos Ungulados: metodoloxías de mostraxe - 2ª edición

  • Datas: Do 15 ao 17 de xuño de 2017
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros), Aula da Natureza de Chelo (Coirós) e río Mandeo
  • Colabora: Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • Organiza: CEIDA, BioLearn

Dirixido a
O curso está dirixido a profesionais do Medio así como estudantes e titulados en disciplinas afíns. Se ben, toda aquela persoa interesada na temática pode participar. Non son necesarios coñecementos previos.

Obxectivos
Dar a coñecer as especies de ungulados presentes en Galiza e o seu papel ecolóxico no medio, así como dotar aos alumnos/as dunhas competencias básicas nas metodoloxías de mostraxe, e na identificación dos rastros destes animais de cara á súa aplicación en estudos científicos ou técnicos.

Metodoloxía
O curso abordarase desde unha perspectiva eminentemente práctica apoiada nunha exposición de contidos teóricos. Será o alumno/a quen toma o papel activo a través das ferramentas, técnicas e equipos necesarios para o estudo dos ungulados.

Imparte
Xosé Pardavila, Adrián Lamosa, Martín Pérez (www.biolearn.org)

Horario
O curso desenvolverase en 20 horas, distribuídas en sesións de 4 horas as tardes do xoves e o venres, e 12 horas durante o sábado.
Xoves e venres: de 16 a 20 h.
Sábado: de 9 a 21 h.

Inscrición
95 €
Prazas limitadas

Descargar programa completo

Formulario de inscrición