Curso Xestión e Facilitación de Grupos | CEIDA

Curso Xestión e Facilitación de Grupos

  • Datas: Decembro 2012 - Xuño 2013
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Colabora: Instituto de Facilitación y Cambio (IIFAC-E); Academia de Permacultura NodoEspiral
  • Organiza: CEIDA

Impartido por
César Fernández Pérez. Membro de IIFAC-E (Instituto Internacional de Facilitación e Cambio).

Introdución
A Facilitación é o conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas para crear as condicións que permitan un desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais e persoais; tanto na consecución dos seus obxectivos e realización da súa visión, como na creación dun clima relacional onde abunde a confianza e unha comunicación fluída, empática e honesta.
A educación ambiental, ferramenta necesaria para alcanzar unha sociedade sustentable, ten na participación social e na organización comunitaria alicerces para as transformacións sociais que se perseguen. A Facilitación significa poñer a conciencia xunto coas nosas interaccións, apoiando a diversidade e o noso propósito común. Os conflitos son naturais e poden ser creativos e produtivos. Pero, sen facilitación os conflitos son custosos. Repítense e escalan e minan a nosa resolución e o espírito de equipos e organizacións. A Facilitación fai a diferenza.

A quen vai dirixido
Todas as persoas interesadas en desenvolver e potenciar as súas habilidades relacionadas co traballo con grupos, equipos de traballo, colectivos e organizacións.

Obxectivos
A vocación deste curso é contribuír ao cambio de paradigma nas relacións humanas, formando persoas que coñezan e integren na súa práctica diaria a revolución que supón aprender a traballar en grupo.
O obxectivo principal é que o estudante tome conciencia dos elementos e dinámicas presentes en calquera grupo, organización ou equipo de traballo, e adquira as habilidades, ferramentas e coñecementos necesarios para:

•Que o grupo atope rutas claras para chegar á súa misión, visión e obxectivos.
•Mellorar a comunicación entre os membros do grupo.
•Ampliar a participación e a eficacia nas asembleas e nos procesos de toma de decisión.
•Incorpora os novos valores do liderazgo.
•Facer emerxer a sabedoría do grupo.
•Facilitar procesos emocionais no grupo.
•Ser capaz de ver o grupo como un mestre no propio desenvolvemento persoal.

Metodoloxía
O curso estrutúrase en torno a 6 módulos de fin de semana, aos que se pode asistir de xeito independente ao longo doano (de Novembro de 2012 a Xuño de 2013), e un proxecto persoal.

- MÓDULOS: en cada un dos módulos iremos combinando pequenas explicacións teóricas co traballo persoal, en grupos pequenos, e no grupo grande a través de diversas actividades, casos de estudio e a utilización das propias dinámicas do grupo como xeito de aprendizaxe.
Os módulos celebraranse os Venres de 16:00 a 20:00h, Sábados de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e os Domingos de 10:00h a 14:00h. Ademais os Domingos de 16:00h a 20:00 son unicamente para os estudantes do curso completo. Dedicaremos esas tardes a traballar de xeito aínda máis práctico sobre casos traídos polos propios estudantes e sobre os proxectos persoais.

- PROXECTO PERSOAL: pedirase a cada estudante que formule un proxecto concreto, relacionado coa facilitación, no que lle gustaría enfocarse como parte do curso. Ir aplicando o aprendido dentro dun proxecto concreto ten moitas vantaxes: percibes de xeito inmediato si o aprendido esta a resultar útil e cómo; descobres se as túas novas habilidades e aptitudes son transformadoras non soamente para ti senón tamén no teu traballo; descobres cómo os teus recursos internos e o teu desenvolvemento persoal relaciónase directamente co mundo externo. Terás a oportunidade de redefinir e ir actualizando o teu proxecto no primeiro módulo e ó longo de todo o ano.
O traballo nos módulos complementase coa creación de grupos de afinidade e un encontro on-line entre cada módulo.

- GRUPOS DE AFINIDADE: grupos formados no primeiro módulo, de 3-4 estudantes para apoiarse durante o curso na súa aprendizaxe e no seu proxecto persoal. Cada grupo decide a súa forma de funcionamento, frecuencia coa que se reúne, etc.

- ENCONTRO ONLINE: entre cada un dos módulos, fixaranse dous días nos que estarei dispoñible a través de mail ou skype para aclarar dúbidas, comentar diferentes casos, etc.

Prezo
360 € todo o curso (60 €/módulo)
75 € módulos independentes (75 €/módulo)

Descargar programa

Formulario de inscrición

Máis información
formacion@ceida.org - 981 630 618