- Datas: 21 de xuño de 2011
- Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
- Organiza: Vicerreitoría de Investigación da UDC, Oficina de Medio Ambiente da UDC, Servizo de Publicacións da UDC, Instituto Universitario de Medio Ambiente da UDC, CEIDA
O Foro de Investigadoras e Investigadores en Medio Ambiente da Universidade da Coruña (UDC) xurde como un espazo de encontro e intercambio científico do persoal investigador da UDC, co fin de poñer en común as liñas de traballo e os proxectos de investigación que se están a realizar no ámbito ambiental, tanto desde os grupos de investigación como dos investigadores individuais. Enténdese como unha oportunidade para coñecerse e sumar esforzos nun proxecto común de Universidade, na procura de sumar recursos e capacidades.
Obxectivos:
Coñecer as liñas e traballos de investigación que, desde os distintos ámbitos científicos, estanse a realizar na UDC relacionados co medio ambiente e a sustentabilidade.
Divulgar de forma conxunta as distintas liñas de traballo, mostrando as aportacións da UDC no seu conxunto.
Favorecer o contacto e colaboración entre o persoal investigador da universidade.
Contidos:
Exposición das liñas de investigación que se están a desenvolver por parte dos grupos de investigación.
Exposición de traballos de investigación polos investigadores.
Matrícula: Gratuíta
Programa
Como participar
Inscrición