Gobernanza e Toma de Decisións. Módulo 6 Curso Básico de Facilitación de Grupos | CEIDA

Gobernanza e Toma de Decisións. Módulo 6 Curso Básico de Facilitación de Grupos

  • Datas: Do 28 ao 30 de abril de 2017
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Colabora: Instituto Internacional de Facilitación e Cambio (IIFAC-E)
  • Organiza: CEIDA

Descrición
Neste módulo aportaranse técnicas e ferramentas para unha organización grupal e toma de decisións máis efectiva, inclusiva e participativa. Analizaranse o conxunto de procesos, costumes, que ten un grupo e que afecta a como se participa, como se toman as decisións e como se xestiona
un grupo ou colectivo. Abordaranse diferentes formas e estratexias neste contexto: consenso, holocracia, sociocracia....

Dirixido a
Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.

Interésache se
- parte do teu tempo o pasas en grupos
- traballas en equipo e/ou organizacións sociais
- queres mellorar a participación na túa organizacion
- queres aprender a xestionar os confitos grupais
- queres explorar outros xeitos relacionarte contigo mesm@, co@s demáis e coa túa contorna

Imparte
Verónica Campos. IIFAC-E

Matrícula
105 €
Prazas limitadas

Descargar dossier completo do curso anual de facilitación

Formulario de inscrición