Dentro das actividades promovidas polo CEIDA e polos Museos Científicos Coruñeses en relación coa conmemoración no 2010 do Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, organízase este seminario no que se mostran experiencias de planificación, xestión, divulgación, participación e investigación, útiles para a conservación da biodiversidade. Estas permiten coñecer contidos, reflexións e exemplos de boas prácticas aplicables tanto no ámbito local como no rexional e internacional.
Solicitado 1 crédito de libre configuración pola UDC, USC e UVIGO.
Matrícula: 20 €