Obxectivo
Compartir e dar a coñecer iniciativas e reflexións entre os profesionais galegos da Educación Ambiental.
Estrutura do Foro
O foro inclúe as presentacións achegadas polas persoas participantes (reflexións, iniciativas, ideas, proxectos, experiencias, programas, equipamentos, publicacións, propostas, etc.), un espazo expositivo participativo (publicacións, materiais, carteis, produtos, etc.) e a presentación de actividades e obradoiros prácticos convidados pola organización.