+ que Residuos: Xornada A Economía Social na Xestión Municipal dos Residuos | CEIDA

+ que Residuos: Xornada A Economía Social na Xestión Municipal dos Residuos

  • Datas: Xoves, 6 de abril de 2017
  • Lugar: Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17 - A Coruña)
  • Colabora: CEIDA, Consorcio das Mariñas
  • Organiza: Concello da Coruña, Coruña Viva

Obxectivos
• Dar a coñecer os procedementos administrativos para a contratación da xestión dos residuos sólidos urbanos por empresas de economía social.
• Dar a coñecer experiencias exitosas de economía social na xestión dos residuos.
• Contribuir á creación de emprego e empoderamento social dos colectivos en risco de exclusión social mediante o fomento de iniciativas de xestión dos residuos da cidade.

Dirixido a
■ Técnicos/as de distintas administracións locais vinculados á planificación e xestión municipal.
■ Responsables de medio ambiente e da xestión dos residuos das entidades locais.
■ Actores implicados na xestión dos residuos sólidos urbanos.
■ Outros actores económicos e sociais interesados.
■ Público xeral.

Programa

09.30 Recepción participantes e entrega de materiais.

10.00 Inauguración:
 D. Xulio Ferreiro Baamonde, Alcalde do Concello da Coruña.
 Dna. María García Gómez, Concelleira de Medio Ambiente do Concello da Coruña.
 D. Alberto Lema Suárez, Concelleiro de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña.
 D. Jose Antonio Santiso Miramontes, Presidente do Consorcio As Mariñas.
 D. Carlos Vales Vázquez, Director do CEIDA.

10.30 Conferencia: Sociedade e residuos: o malgaste que escondemos baixo a alfombra.
 Ramón Plana González-Sierra. Consultor en Tratamentos Biolóxicos de Residuos Orgánicos.

11.00 – 12.00 Bloque I : A visión dos concellos.
Presenta e modera: María García Gómez, Concelleira de Medio Ambiente.
 Marta Barco Mondragón. Directora de Servizos e Calidade de Vida do Concello de Bilbao.
 Ángel Álvarez Orallo. Área de Residuos. Xefe de Recollida. Mancomunidade da Comarca de Pamplona.

12.00 – 12.30 Pausa café.

12.30 – 14.00 Bloque II. Experiencias exitosas de Economía Social na xestión de residuos.
Presenta e Modera: Tino Gago Conde. Xerente de Unión de Cooperativas Espazocoop.
 Alencop, iniciativa social de recollida de chatarra e residuos de aparatos eléctricos e electrónicos a domicilio.
 Traperos de Emaus, un espazo habitado entre conviccións e lixo.
 Bolsos reciclados. Un proxecto SINdesperdicio, mires por onde o mires.

16.30 – 18.00 Bloque III. Experiencias exitosas de Economía Social na xestión de residuos.
Presenta e Modera: Marta Rodríguez Boo. Rede Economía Alternativa e Solidaria. REAS-Galicia.
 RECUMADRID. Cooperativa de iniciativa social.
 Berziklatu S.L. Tratamento integral de residuos voluminosos a través da xeración de emprego de inserción.
 COREGAL. Xestión de residuos creando emprego estable para persoas con discapacidade.

18:00 - Clausura da xornada.

Inscrición
Entrada de balde
Prazas limitadas

Descargar cartaz

Formulario de inscrición