Resolución de Conflitos. Módulo 7 Curso Básico de Facilitación de Grupos | CEIDA

Resolución de Conflitos. Módulo 7 Curso Básico de Facilitación de Grupos

  • Datas: Do 26 ao 28 de maio de 2017
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
  • Colabora: Instituto Internacional de Facilitación e Cambio (IIFAC-E)
  • Organiza: CEIDA

Descrición
Neste módulo aprenderemos a distinguir as diferentes fases e dinámicas do conflito e aprender a intervir a diferentes niveis, (individual, de relación e grupal). Como soster e estar cómodos/as no conflito que pode xurdir en grupos e organizacións para poder facilitar esas situacións e recoller a parte útil e con potencial creativo que estes procesos teñen para as organizacións, así como atopar intervencións para a súa
resolución.

Dirixido a
Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.

Interésache se
- parte do teu tempo o pasas en grupos
- traballas en equipo e/ou organizacións sociais
- queres mellorar a participación na túa organizacion
- queres aprender a xestionar os confitos grupais
- queres explorar outros xeitos relacionarte contigo mesm@, co@s demáis e coa túa contorna

Imparte
Anna Pujol (IIFAC-E)

Matrícula
105 €
Prazas limitadas

Descargar dossier completo do curso anual de facilitación

Formulario de inscrición