Xornada de debate "Oportunidades para o desenvolvemento rural en espazos Rede Natura 2000 ou Reservas da Biosfera" | CEIDA

Xornada de debate "Oportunidades para o desenvolvemento rural en espazos Rede Natura 2000 ou Reservas da Biosfera"

  • Datas: 22 de xuño, 28 de xuño de 2012
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz, Oleiros
  • Colabora: Fundación Biodiversidad
  • Organiza: CEIDA

Obxectivos
- Posta en valor de actividades socioeconómicas que compatibilicen a conservación dos recursos naturais co desenvolvemento das súas actividades.
- Creación de sinerxias de colaboración e intercambio entre os axentes sociais mais dinámicos implicados no desenvolvemento rural.

Destinatarios
Todos os sectores implicados no desenvolvemento rural, líderes locais, autoridades, sector primario, turismo, poboación local, e público xeral.

Sesións
- Venres, 22 de xuño. Actividades socioeconómicas vinculadas ao medio mariño e litoral.
- Xoves, 28 de xuño. Actividades socioeconómicas vinculadas a zonas rurais de interior.

Programa(Descargar tríptico)

Ponencias
As ponencias poden descargarse desde a páxina web do proxecto: www.redenatura.org