• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

Vostede está aquí

Centro de Documentacion Ambiental Domingo Quiroga CEIDA

O Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga é un centro público de recursos de información e documentación sobre a Educación Ambiental e o Medio Ambiente.

O seu funcionamento é similar ao dunha biblioteca especializada e alberga nas súas instalacións un amplo e variado fondo documental con máis de 27.000 recursos bibliográficos.

O centro forma parte dunha rede estatal, RECIDA (Rede de Centros de Información e Documentación Ambiental), que reúne a máis de 100 bibliotecas e centros de documentación representantes das distintas Comunidades Autónomas do estado español. 

Servizos
  • Consulta en sala.
  • Préstamo de documentos en sala (cinco documentos durante 15 días renovables) ou por envío postal (cinco documentos durante 1 mes).
  • Búsquedas especializadas de documentación en Internet.
  • Envío de boletíns mensuais de novidades bibliográficas e información ambiental de actualidade.
  • Edición de guías de recursos especializadas.
Fondos documentais

A importancia do centro de documentación radica na singularidade e especialización dos seus fondos:

  • Documentos técnicos, científicos ou divulgativos, así como un amplo número de recursos didácticos.
  • Revistas especializadas cun rápido acceso aos seus artigos.
  • Proxectos, informes, e documentación inédita.
  • Documentais educativos e divulgativos.
  • Folletos e carteis.
  • Recursos electrónicos dispoñibles en Internet.
Catálogo en liña

O centro dispón dun catálogo en liña que permite coñecer a dispoñibilidade da documentación existente no centro e consultar o historial de préstamos. 
Se vostede é usuario, a través do catálogo poderá ademáis xestionar reservas, renovar préstamos, crear listas de favoritos ou comentar os materiais, entre outras funcionalidades.
Pode acceder ao catálogo a través da seguinte dirección: http://documentacion.ceida.org

Para quen

O Centro de Documentación está aberto a todas as personas que procuran información de carácter ambiental, ben para aqueles que desexan coñecer e disfrutar máis do seu entorno, como para aqueles que precisan documentación no seu ámbito profesional. Está dirixido, por tanto, a estudiantes de todos os niveis, docentes, educadores ambientais, investigadores, axentes sociais, empresas, técnicos, colectivos ambientais,... se trata dun servizo público aberto a toda a cidadanía en xeral.

Se está interesado en darse de alta como usuario do centro, cumprimente o seguinte  FORMULARIO

Horario
  • Horario de inverno (setembro-maio): de luns a venres, de 9.00 h. a 14.00 h., e sábados de 11 a 14 h.
  • Horario de verán (xuño-agosto): de luns a venres, de 9 a 14 h. e de 17 a 20 h., e sábados de 11 a 14 h.
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Ultimas Novidades

Suscríbete ás nosas novas