• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

A Pegada Ecolóxica

Vostede está aquí

A Pegada Ecolóxica
Colabora

CEIDA

Características da exposición
  • 11 paneis roller (85 cm de ancho x 200 cm de alto) con soportes propios.
Descrición

O concepto de “pegada ecolóxica” xurde como un indicador de sostibilidade que trata de medir o impacto que o noso modo de vida ten sobre a contorna.

Todas as decisión que como consumidores tomamos na nosa vida cotiá teñen un impacto sobre o planeta. Este impacto ambiental exprésase como a cantidade de terreo biolóxicamente produtivo que se precisa por persoa para producir os recursos necesarios para manter o seu estilo de vida.

Segundo o informe da  Global Footprint Network  do ano 2012, a demanda actual a escala global das nosas actividades é de 2’7 hectáreas por persoa, mentres que o que o planeta pode subministrar sitúase en 2 hectáreas per cápita. Ademáis, estes valores varían segundo as rexións do planeta: mentres EEUU ten unha pegada ecolóxica de 8’2 ha per cápita e España de 3’7 ha per cápita, no caso de Angola non supera as 0’9 ha per cápita. Isto significa que os habitantes dos países desenvoltos estamos a vivir por enriba das nosas posibilidades de rexeneración ecolóxica e diminuíndo cada ano a capacidade planetaria de sosternos.

Máis información sobre esta exposición:  http://www.mapama.gob.es/es/ceneam/exposiciones-del-ceneam/exposiciones-itinerantes/huella-ecologica/default.aspx

* Esta exposición é cedida polo CEIDA a través dun convenio de colaboración co Centro Nacional de Educación Ambiental -  CENEAM.

Condicións de préstamo
  • Préstamo gratuito.
  • Portes de transporte, carga e  montaxe a cargo da entidade solicitante. 
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).
  • Exposición dispoñible ata o 27 de xullo de 2018.

* Consulta as   condicións   completas  para a cesión temporal da exposición.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas