• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Antropoceno: Arte e Biodiversidade en Escenarios Periurbanos

Vostede está aquí

Antropoceno: Arte e Biodiversidade en Escenarios Periurbanos
Data
martes, 5 Xuño, 2018 a luns, 30 Xullo, 2018
Horario
  • Xuño:
    • Luns a venres: 9 a 14 h.
    • Sábados: 11 a 14 h.
  • Xullo:
    • ​Luns a venres: 9 a 14 h. e 17 a 20 h.
    • Sábados: 11 a 14 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Colabora

CEIDA

Autor/es

Eduardo Cortils

Descrición
  • O proxecto artístico

A exposición ‘Antropoceno’ recolle a obra do fotógrafo murciano Eduardo Cortils: un total de 30 fotografías realizadas en espazos periurbanos, non necesariamente protexidos, onde a biodiversidade convive de maneira case extraordinaria con moitas actividades humanas. Depuradoras, balsas de regadío, fincas agrícolas, edificios abandonados, centros comerciais, polígonos industriais, pontes de autovía, campos de golf ou humedais artificiais, entre outros, son os escenarios escollidos por Cortils para fotografar a diferentes especies de aves, principalmente, pero tamén de algúns mamíferos, réptiles ou anfibios. Un total de 130 especies inclúe este proxecto artístico, co que o artista pretende mostrar a convivencia da fauna e as persoas, e como os diferentes usos do solo e dos recursos poden ser compatibles coa protección e respecto aos valores naturais.

Máis da metade da poboación humana vive nas cidades. Nestas cidades as persoas demandan unha grande cantidade de recursos naturais e servizos que, na maioría dos casos, son producidos nas súas proximidades. Nestes espazos periurbanos do ‘Antropoceno’ tan fortemente antropizados, situados entre as áreas urbanas e as zonas rurais, conviven de maneira espontánea especies animais e vexetais,  producindo unha naturalización e rara coexistencia máis aló do tempo e dos lugares de lecer.

      

  • O autor

A obra de Eduardo Cortils leva máis de 25 anos viaxando entre galerías de arte, museos ou centros culturais de todo o mundo: o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS, Mardrid), en 1991; o European Photography Award, e o Museo Español de Arte Contemporáneo, en 1993; o Museum Enschedé de Haarlem (Holanda), en 1993; ou a Fundación “La Caixa” de Barcelona no ano 2000. Desde entón, o seu traballo foi recoñecido, entre outras axudas de creación, nunha residencia no Visual Studies Workshop Press de Rochester (Nueva York); a Bolsa ‘Nuevas Tendencias en el Arte’, do Ministerio de Cultura; ou a Bolsa ‘Proyectos Culturales de Impacto Social’ da Fundació La Caixa. A súa obra foi adquirida polo The Metropolitan Museum of Art de Nueva York, ou o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, ou o Concello de Alcobendas, entre outras institucións.

Información adicional
CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas