• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Coidando o Noso Mar

Vostede está aquí

Exposicion Coidando o Noso Mar CEIDA
Produce

CEIDA, Fundación Global Nature

Patrocina

Grupo Carrefour

Características da exposición
  • 5 paneis de 100 cm ancho x 200 cm alto con soportes propios.
  • Material bibliográfico complementario.
Descrición

A característica fraxilidade dos ecosistemas costeiros, acentuada pola presión das actividades humanas está causando a súa destrución. A franxa litoral está en perigo debido á ausencia de planificación e a unha mala xestión nas actuacións levadas a cabo nela durante as derradeiras décadas. O desenvolvemento turístico mal planificado, a erosión costeira, a presión urbanística, a contaminación mariña, a sobreexplotación pesqueira, a destrución de hábitats, etc., son algúns dos males que afectan ao litoral tanto a nivel galego como mundial. De igual xeito, hoxe seguimos a pensar que o mar é unha fonte inesgotable de recursos, e que o mar é inmune ás nosas actividades e agresións. Os avances científicos e o estudo dos ecosistemas mariños, proban que estas perigosas percepcións son falsas, que os recursos mariños están en algúns casos máis ao borde do colapso do que se crera, e que a presión antrópica é a causa fundamental deste feito.

Esta pequena exposición de 5 paneis persegue os seguintes obxectivos:

  • Sensibilizar sobre o importante valor natural e a fraxilidade dos ecosistemas mariños, tendo en conta a incidencia das actividades humanas e os residuos que estas xeran.
  • Descubrir as problemáticas que afectan ao litoral interrelacionándoas cos nosos patróns de consumo cotiá.
  • Conseguir un conxunto de coñecementos e destrezas sobre o litoral galego e os seus recursos, para que o alumnado incremente o nivel de respecto e estima cara el.

 

Material bibliográfico complementario

Co fin de profundizar nas temáticas recollidas na exposición, o Centro de Documentación do CEIDA pon a disposición de todos os interesados diversos recursos didácticos destinados tanto a ensino primario como secundario, e que poden solicitarse en préstamo coa exposición.

Recursos dispoñibles para secundaria:

  • Unidades didácticas Azterkosta: educación ambiental sobre la costa: educación secundaria. Vitoria-Gasteiz: CEIDA, 2000.
  • Programa Atlántida. Santiago de Compostela: Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, 2003.
  • Os residuos: redución, reutilización, reciclaxe. Vigo: A Nosa Terra, 2002 (guía didáctica e caderno de actividades).
  • Las basuras: un tesoro en tus manos. Málaga: Ecotopía, 2001.

Recursos dispoñibles para primaria:

  • O lixo [VHS]. Serie O Contagotas. Santiago de Compostela: Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, 1999.
  • Unidades didácticas Azterkosta: educación ambiental sobre la costa: educación primaria. Vitoria-Gasteiz: CEIDA, 2000.
  • ¿Qué se hace con los residuos?: 3R: reducir, reutilizar, reciclar. Fundación GSD, 2007.
  • Os Bolechas queren saber… que é o lixo. Vigo: A Nosa Terra, 2002.
  • Os residuos: redución, reutilización, reciclaxe. Vigo: A Nosa Terra, 2002.

 

Paneis

Panel 1. Os océanos; fonte de recursos vitais para a humanidade; estanse esgotando. Relevancia social e económica dos nosos mares     Panel 2. O mar non pode co noso exceso de residuos…e de consumo!. A sociedade industrializada na que vivimos xera unha gran cantidade de residuos. A procedencia dos residuos     Panel 3. Prexudicámonos a nós mesmos cada vez que botamos un residuo ao mar , problemas e danos ocasionados polos residuos nos ecosistemas mariños     Panel 4. Todos queremos uns océanos vivos. Boas pautas ambientais nas nosas costas     Panel 5. Nós dependemos do mar e el depende de nós

Condicións de préstamo
  • Préstamo gratuito.
  • Portes de transporte, carga e montaxe a cargo da entidade solicitante. 
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).

Consulta as  condicións   completas para a cesión temporal desta exposición.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio