• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Desenvolvemento Soste...que?

Vostede está aquí

Desarrollo Soste...qué?
Colabora

CEIDA

Características da exposición
  • 8 paneis roller (90 cm de ancho x 200 cm de alto) con soportes propios.
  • Guía didáctica.
Descrición

Na década de 1990 aparece o concepto Desenvolvemento Sostible, que poderíamos definir como “un camiño por andar”, no que se valora a calidade de poder disfrutar dunha atmosfera máis limpa, dunha natureza en bo estado, dunha paisaxe coidada, dunha educación e sanidade ao alcance de todos. Un proceso que se caracterice por un menor consumo dos bens naturais e que permita unha rexeneración natural. Un camiño que leve a que os índices de pobreza diminúan e a que todo o mundo poida acceder a bens básicos como a auga potable. Un camiño, en definitiva, no que se prime o uso de enerxías limpas como a solar ou a eólica, o consumo responsable, a reducción dos residuos, o reciclado, o comercio xusto e solidario, unha agricultura máis acorde co medio, o respecto a outras culturas, etc.

Non cabe entrar no desánimo, este camiño pode percorrerse con esforzo e a participación de todos e todas. A medida que cambiemos os nosos hábitos e costumes diarias, que pensemos en clave global e actuemos localmente, poderemos construír entre todos e todas ese mundo máis san social e ambientalmente. Pequenas melloras a nivel local, dende a nosa casa, o noso barrio, o noso pobo, irán mellorando tamén os grandes problemas do noso planeta. Como? Informándonos, participando e actuando dende a sostibilidade.

Máis información sobre esta exposición:  http://www.mapama.gob.es/es/ceneam/exposiciones-del-ceneam/exposiciones-itinerantes/desarrollo-sostenible/default.aspx

* Esta exposición é cedida polo CEIDA a través dun convenio de colaboración co Centro Nacional de Educación Ambiental -  CENEAM.

Condicións de préstamo
  • Préstamo gratuito.
  • Portes de transporte, carga e  montaxe a cargo da entidade solicitante. 
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).
  • Exposición dispoñible ata o 27 de xullo de 2018.

* Consulta as   condicións    completas para a cesión temporal da exposición.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas