O cambio climático é probablemente un dos maiores retos ao que nos temos que enfrontar. É dunha enorme complexidade, aínda que xa estamos a comprobar como se están a cumprir os escenarios previstos hai tempo por investigadores e expertos. En xaneiro de 2020 o goberno declarou a emerxencia climática e ambiental, en resposta ó consenso da comunidade científica, a cal reclama acción urxentes para salvagardar o medio ambiente. Pese a isto, a sensación é que a cidadanía segue relaxada e non estamos a mudar nin os nosos hábitos e costumes, e moito menos os nosos comportamentos de cara a paliar esta problemática.
O programa “Para unha Transición Ecolóxica”, desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña pretende sensibilizar sobre o futuro que nos agarda de non combater a emerxencia climática, e concienciar dende os centros escolares; posto que a comunidade escolar non está formada só por nenas e nenos, senón tamén por pais, profesorado, persoal non docente, etc. Isto ofrece a oportunidade de converterse en laboratorios de posta en marcha de novas medidas de sustentabilidade e cooperación.
Alumnas e alumnos de último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º) e alumnado de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º-4º ESO) de toda a provincia da Coruña.
O programa inclúe as seguintes actividades:
Unha segunda sesión coa seguinte opción:
O programa “Para unha Transición Ecolóxica” inclúe unha exposición itinerante sobre emerxencia climática e unha unidade didáctica asociada á mesma, dispoñible para os centros (para a exposición itinerante contactar directamente co CEIDA e preguntar dispoñibilidade).
As actividades desenvolveranse durante o curso escolar 2020-2021, e o 1º trimestre do curso 2021-2022.
A actividade adaptarase en todo momento ás indicacións hixiénico-sanitarias relacionadas coa xestión da COVID-19:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org