• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Exposición Aves do Norte ao Sur

Vostede está aquí

Aves do Norte ao Sur CEIDA
Data
luns, 4 Maio, 2015 a martes, 30 Xuño, 2015
Lugar

Sala de Exposicións do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Produce

GEAS

Colabora

CEIDA

Autor/es

Varios autores do Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes (GEAS)

Descrición

A exposición “Aves do Norte ao Sur” recolle unha mostra das aves que, grazas á súa capacidade de voar, puideron chegar a todos os currunchos do planeta, ocupando ambientes moi diferentes, evolucionando ata ser o grupo de vertebrados máis diverso. A mostra é unha viaxe ao redor do mundo a través de 40 instantáneas que nos levan desde os fríos mares do norte onde podemos atopar a gaivota tridáctila nas Illas Shetland, ata á remota Oceanía representada polo cormorán anano, pasando polas selvas tropicais como a de Manu no Perú, onde habita o Guacamaio, e as zonas temperadas do planeta ben representadas polas aves galegas.

As imaxes foron tomadas por socios do Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes (GEAS), moitos dos cales se adican profesionalmente á investigación, conservación e xestión do medio natural, ao longo do globo. Isto permitiulles coñecer outras realidades ambientais, e compartilas no eido do grupo e da sociedade galega en xeral.

O Grupo GEAS leva traballando no estudo da fauna galega desde o ano 2003, e desde hai máis dunha década promove de xeito activo a conservación do medio natural galego, seguindo a máxima de COÑECER PARA PROTEXER. Por este motivo a maior parte da súa actividade vai dirixida á realización de proxectos de carácter científico, para aumentar o coñecemento do noso medio.

Baixo o espírito de colaboración entre entidades ambientais galegas cédese a exposición “Aves de Norte a Sur” ao CEIDA, coa que se pretende aportar a súa achega á divulgación da biodiversidade galega e mundial a través das aves, un dos grupos faunísticos máis facilmente observable e que pode incentivar ao público cara o coñecemento e a observación da fauna no seu entorno máis próximo, fomentando a súa implicación na conservación da biodiversidade.

Visitas

Horario

  • Luns a venres, de 10 a 14 h. e de 17 a 20 h.
  • Sábados de 11 a a 14 h.

 

Entrada

  • De balde

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio