• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Exposición `Paraísos cercanos´

Vostede está aquí

Exposición `Paraísos cercanos´
Data
luns, 15 Xullo, 2019 a luns, 29 Xullo, 2019
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Autor/es
  • Antonio García Corrales (Toni Corrales).
  • J. Luis García Mendoza (Chencho Mendoza).
Os autores
  • Toni Corrales (1944).

Salmantino de nacemento. Ademáis da fotografía, domina disciplinas tan dispares como a pintura ao óleo ou a micoloxía. Namorado das fervenzas, das que ten un amplo arquivo fotográfico con máis de 300 catalogadas, moitas delas case descoñecidas, as súas fotografías plasman esa paixón por elas e pola natureza galega en xeral.

  • Chencho Mendoza (1964).

Fotógrafo aficionado autodidacta. Comezou  a mediados dos 80 adicándose durante uns anos profesionalmente á reportaxe social. A súa paixón é a fotografía de natureza e paisaxe, á que adica actualmente gran parte do seu tempo libre.  Aínda que non ten prodigado moito en concursos e exposicións cabe destacar o 1º premio no concurso Santa Bárbara “El hombre y el mar”; Premio especial da Fundación Barrie no Concurso “Árbores, patrimonio vivo”, convocado polo Consello Superior de Investigaciones Científicas; Photopills Awards Moon master of the Month; Exposición individual Paisaxes Galegas 2010; Colectiva Galiza Branco e Negro; Exposición colectiva compartida con Toni Corrales  “Capturando Instantes, dos miradas personales”.

A exposición

A exposición 'Paraísos cercanos' é unha pequena mostra de paisaxes singulares, tanto de costa como do interior da xeografía galega, onde a auga é a grande protagonista.

Horario de visita
  • De luns a venres: de 9 a 14 h. / de 17 a 20 h.
  • Sábados: de 11 a 14 h.
  • Festivos: pechado

 

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas