• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Foro Humboldt Coruña: unha oportunidade para reflexionar sobre o Medio Ambiente

Vostede está aquí

Foro Humboldt Coruña CEIDA
Data
luns, 5 Xuño, 2017
Lugar

Paraninfo da Universidade da Coruña (Maestranza, 9 - A Coruña)

Organiza
  • Concello da Coruña, Museos Científicos Coruñeses
  • Universidade da Coruña
Colabora
  • CEIDA
  • Instituto de Estudios José Cornide
  • Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Obxectivos

O “Foro Humboldt Coruña” constitúese como un ámbito de estudo e debate impulsado por institucións da comarca coruñesa que sitúa como referencia a figura do científico Alexander von Humboldt, co fin de converterse nunha ferramenta capaz de contribuír a comprender e afrontar os retos do presente e do futuro a través da ciencia, humanismo, medio ambiente e educación.

Entre os seus obxectivos destatacan:

  • Reflexionar de xeito crítico sobre os retos que afronta o Medio Ambiente.
  • Favorecer o intercambio entre as culturas.
  • Actuar con vocación de ámbito de diálogo internacional.
  • Partir dos problemas e preocupacións da cidade da Coruña e comarca.
  • Contribuir ao deseño do futuro da comarca da Coruña ante os retos ambientais.
  • Facilitar o empoderamento de toda a sociedade en materia ambiental e científica.
  • Conectar a Coruña coa extraordinaria aventura científica desenvolta por Humboldt.
  • Reforzar a importancia da ciencia e a súa comunicación como elemento clave da contemporaneidade.
  • Estimular o espíritu colaborativo entre persoas e institucións que o impulsan e outras que poden sumarse ao proxecto.
  • Potenciar á xeración de inquietudes científicas e ambientais, o espírito de exploración e o compromiso.
Inscrición

A actividade non precisa inscrición e a entrada é de balde, pero prégase confirmar asistencia no correo  ceida@ceida.org  ou no telefono 981 630 618.

Programa

12.00 h. Inauguración

  • D. Xulio Ferreiro Baamonde, Alcalde do Concello a Coruña.
  • D. Julio Abalde Alonso, Reitor da Universidade da Coruña.

12.30 h. Presentación dos obxectivos do Foro Humboldt Coruña.

12.45 h. Conferencias

  • Humboldt, unha fiestra á modernidade científica, ambiental e cultural contemporáneas. D. Xosé Antón Fraga Vázquez, director do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.
  • Comunicación e humanismo naturalista e ambiental ao redor de Humboldt. D. Antonio Sandoval Rey, escritor e divulgador ambiental.

13.30 h. Lectura e música inspiradas na aventura científica de Humboldt. Estíbaliz Espinosa Río e Isabel Gómez Alonso.

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas